"Era tan fácil". Paris Joel

miércoles, 3 de junio de 2009

O Sentido da Realidade

Iso é sen lugar a dúbidas o que lles acontece a moitos neste país chamado Galiza ou Galicia, que perderon o sentido da realidade, de ahí que estemos onde estamos.

Hoxe quedei perplexo vendo nun xornal dixital coma a retirada dun programa de Radio asemellábase a unha traxedia nacional ou catástrofe apocalíptica, e vale, a min tamén encantábame "Aberto por Reformas" e Xurxo Souto paréceme todo un doutor na materia, pero non se pode confundir o touciño ca velocidade. Imos ver, este señor ocupaba un cargo político que era Xefe de Programación da Radio Galega e en teoría a sua función era buscar os mellores programas para ese medio de comunicación público. Non vou a entrar si consiguiu coma tal xefe os mellores programas para a Radio Galega porque non o sei, pero o que sí sei é que, para tal finalidade, confeccionou para si mesmo programas a medida coma o "Aberto" ou outros nos que tamén participaba, amén doutras innumerabeis intervencions nos medios públicos. Algo así coma: a mellor opción son eu mesmo. Esto visto dende un prisma nordico- europeo podería asemellarse moitísimo a algo chamado tráfico de influencias ou, cando menos, exceso de protagonismo, pero na Galiza percibímolo coma algo normal porque así é a nosa cultura. ¿Qué sucedeu? Que houbo un cambio no governo autonómico e con él un cambio de dirección nos medios públicos. É o que teñen as radios e teles públicas que cada 4 anos cambian de consello de administración, fixense se son democráticas e fixense o importantes que son os nosos votos.


Exposto o anterior, cae de caixón que o señor Souto ten que abandoar o seu cargo porque o seu único mérito ou oposición para chegar a él foi pertencer ou simpatizar cun determinado partido político. Isto sería perfectamente entendible en calquera lugar do mundo civilizado pero claro, coma eiquí misturamos cargos, postos, locutores, bandeiras e programas coma se tratárase dunha laconada de entroido, sempre hai sectores da sociedade que se sinten ultraxados nos seus máis elementais dereitos fundamentais. Máis non é así señores, por moito que nos amolen este tipo de decisións son dunha normalidade absoluta nunha sociedade democrática avanzada e se non somos quen de recoñecer este tipo de cousas estamos destinados a vivir na marxinalidade por sempre xamais. Outro conto sería que a este señor despois de gañar a súa praza por concurso oposición o chimparan do seu programa ou cargo por defender a música e a cultura galega, ahí sí que poderíamos poñer o berro no ceo, pero non é tal.


De verdade que é incrible ver coma alguns pregúntanse cousas coma "¿Pero quen votou a estes desgraciados?"(así reza no mencionado artículo dixital). Pois témome, que moi o meu pesar, foi a maioría do pobo galego en completa e enteira liberdade, o mesmo pobo galego que no seu momento puxo o señor Souto o fronte da Radio Galega, e o mesmo poblo galego que na súa soberanía agora o releva desa carga. Se comprendéramos dunha vez por todas o por qué, o mellor a nosa sorte sería outra.


Unha agarimosa aperta ó señor Xurxo Souto, grande entre os grandes no mundo das ondas pero ao César o que é do César e non confundamos o público co privado.

5 comentarios:

Carlos Bau dijo...

O Sentido da Realidade...unha reflexión tan real como a vida mesma.
Unha aperta maestro.

Xurxo Mares dijo...

Totalmente dacordo, Paris. Hai xente que confunde a parte (a súa Galiza soñada) co todo ( a Galicia real). Se estiveramos nas suas mans non dudarían en impoñer a súa sectaria visión polas boas ou polas malas. Non respectan ós demais e así lles vai. Eu perdoolles porque non saben o que fan e sei que algún día darán aprendido.

Un compás de espera.

Hugh McGinley dijo...

Acertadísimo Paris! Enhorabuena, he disfrutado mucho leyéndo el post.

Vivimos en el pais de los derechos adquiridos el "porque yo lo valgo" ...y lo peor, estamos socializados en un caciquismo que para que más INRI se dedica a señalar con el dedo en caciquismo de los demás... La importancia del voto es central... pero nunca me sentí motivado a votar... debe ser porque cuanto más conozco, leo, descubro, atisbo o padezco la política más insultado me siento y más me gusta mi perro.

(encontrar una solución es mi asignatura pendiente)

PD. No tengo perro, pero si cerebro...

César de Centi dijo...

Y seguro que el mismo lo sabía tambien.. que cuando cambiaran las aguas lo señalarian, hoy alguien me habló del pataleo, era sobre un tema judicial... decia que solo le quedaba el pataleo, la verdad es que no se del tema y solo contesto a lo que leí en tu post, pero el pataleo nos dura poco, luego nos damos cuenta de que ya lo sabiamos... que nos iban a señalar.

Besos !!

Paris Joel dijo...

Es que fíjate la catadura moral de estos sujetos que se echan las manos a la cabeza porque este señor tiene que cumplir con las reglas del juego democrático y marcharse, ponen el grito en el cielo hablando de censura, listas negras, fascistas y demás lindezas, pero, sin embargo, estos mismos(y no otros), son los que no les tiembla la mano a la hora de cerrar medios de comunicación como Radio Sada. Toma progresistas!!!
(y ojo, que todos vosotros bien sabeis que Radio Sada no es santo de mi devoción pero nunca les daré la razón a los falsos profetas y a los progres de pocotilla. Nunca me gustaron los fariseos ni los adalides de la ley del embudo.